Como chove miudiño de Amancio Prada

Como chove miudiño

Amancio Prada

Al final de la letra de Como chove miudiño podrás comentar sobre ella y acceder a más canciones de Amancio Prada.

LETRA

Como chove miudiño

Como chove miudiño,
como miudiño chove;
como chove miudiño
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove.

Misteriosa regadeira
fino orballo no chan pousa
con feitiña curvadeira,
remollando na ribeira
frol por frol, chousa por chousa.

Semellando leve gasa
que sotil o vento move,
en frotantes ondas pasa
refrescando canto abrasa,
o que o sol ardente crobe.

¡Que inchadiña branca vela
antre os millos corre soa,
misteriosa pura estrela!
Dille o vento en torno dela:
«Palomiña, ¡voa!, ¡voa!»

Como chove miudiño,
como miudiño chove;
como chove miudiño
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove.

¡Como chove miudiño
polas veigas de Campaña!
¡Cal se enxugan de camiño
os herbales de Laíño!
¡Como a Ponte en sol se baña!

Os que son nela nacidos,
os que son dela mimados,
lonxe dela están doridos
porque van de amor feridos
por quen fono amamantados.

Polos fillos a nai tira,
xorda, triste, plañideira,
xeme, chora, e mais sospira,
e non para, hastra que os mira
ben chegar por derradeira.

¡Probe nai, canto te quero!
¡Nai tamén, ¡ai!, da nai miña!
O teu chan de amor prefiero,
a canto hai grande ou severo
en toda a terra xuntiña.

¿Como non si ora estou vendo,
nun paisax de prata e rosas,
canto a vida foi querendo,
cos meus ollos remexendo
memoriñas cariñosas?
Como chove miudiño,
como miudiño chove;
como chove miudiño
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove.

¡Como chove miudiño
polas veigas de Campaña!
¡Cal se enxugan de camiño
os herbales de Laíño!
¡Como a Ponte en sol se baña!

Más abajo podrás valorar y comentar la canción Como chove miudiño.
disquito - musica.com

Puntuar 'Como chove miudiño'

¿Qué te parece esta canción?

-
0 votos

* Gracias a sainna por haber añadido esta letra el 14/5/2008.

Comentar Letra

Comenta o pregunta lo que desees sobre Amancio Prada o 'Como chove miudiño'

Comentarios (1)

Compartir esta letra en...