Heredeiros Da Crus

Biografía de Heredeiros Da Crus

Os Heredeiros da Crus son unha banda de Rock do Barbanza formada a comezos dos 90. Caracterízanse polo seu uso da variante do galego local (gheada, seseo) no seu rexisto mais popular chegando ás veces ao castrapo e polas as suas letras que descreben a vida da xente xoven traballadora nos seus aspectos mais bizarros e hilarantes a ritmo de rock setenteiro.

Os Heredeiros da crus crearonse en Castiñeiras (Ribeira) no ano 1992 por iniciativa de Tonhito de Poi. Alá polo ano 1995 colaboraron con dúas cancións para o Xabarín Club da TVG que se incluiron no disco 1-2 de A cantar con Xabarín, "O porquiño" e "¡Qué jallo é!", desta última fíxose un videoclip que tivo bastante éxito e pasou a formar parte indispensable desa festa que son os seus concertos. No ano seguinte colaboraron co tema "Iscalle Lura" do que tamén se fixo videoclip e foi incuido no volume 3-4. Corría o ano 1992 cando os Heredeiros da Crus conseguíron gravar o seu primeiro álbum A Cuadrilla de Pepa a loba, non sen problemas pois coñécense dúas versións deste traballo, a segunda -de BOA music-, a máis extendida, foi editada sen o polémico tema "Bisté de solomillo". A banda compoñíana un grupo de 5 rapaces de Castiñeiras (Ribeira -A Coruña): Tuchiño (guitarra e voz), Tonhito de Poi (guitarra rítmica e "corros"), O fillo da Necha -Jarfuxo- (voz), o Jran Fran Velo (baixo), e Beni (batería). Posteriormente Beni marcharía e deixaría paso a Medín, que tamén tivo que deixar o grupo polo que o actual batería é Marcos. Durante ese ano comezaron a facer o que mellor lles sae: directos por toda Galiza. Uns anos felices o 92 e 93, aínda que tiveron problemas co seu manager e tiveron que cambialo.

Xa con este novo manager gravan o Cd Está que te cajas, no ano 1995, na primeira canción deste album conseguiron a colaboración de Rosendo Mercado que estaba a gravar no mesmo estudio e accedeu amablemente. O produtor deste album era xa Segundo Grandio -baixista de Siniestro Total. Este boísimo álbum xunto coas cancións que editaron para o Xabarin Club ("Que jallo é!", "Íscalle Lura" e "O porquiño") déronlle xa unha fama ao grupo a nivel galego.

O seu seguinte traballo foi Criatura un maxi-single de só 4 cancións. Non moito despois aparece Des minutos supostamente este disco tamén foi editado en dúas tandas, saíndo na primeira delas unha canción cantada pola nai de Antonio Ageitos (Tonhito de Poi) titulada "Santo Dominjo". No ano 1999 gravan outro boísimo traballo, Erecsiones Munisipales, máis depurado no referente á música e que presenta unha homoxeneidade temática, pois tódalas letras xiran entorno á historia ficticia de Virgilio Mendes, candidato á alcaldía. No ano 2000 os Heredeiros pasan a ser o primeiro grupo de rock en galego que grava un directo, All right Chicago é un dobre CD cos mellores éxitos do grupo gravados na festa da Dorna de Ribeira, e producido novamente por Segundo Grandío. No 2001 aparece Recambios Tucho un CD non editado con versións de cancións épicas da historia da música, non autorizadas polos seus autores.

Durante xa dez anos os Heredeiros gañáronse unha merecida fama a nivel galego, e intentaron ir máis alá gravando versións de cancións en bable (asturiano) e buscando un merecido éxito a nivel español, non conseguido debido ás presións do imperio citado acima. Porén, malia isto, teñen actuado fóra de Galiza e mesmo fóra de España en lugares coma Londres ou EE.UU.

No ano 2005 houbo un parón na actividade dos Heredeiros por marcharse Tonhito de Poi, o cal está levando a cabo un proxecto musical baixo o nome de A Banda de Poi xunto a músicos galegos e portugueses. Outra iniciativa, neste caso de Javieriño Maneiro, deu orixe ao grupo Jabon Blue que conta coa colaboración de Tuchiño á guitarra.

Discografía

* A cuadrilla de Pepa a loba - 1994 (Xurelo Roxo)
* ¡¡Está que te cajas!! - 1995 (Xurelo Roxo)
* Criatura - 1997
* Des Minutos - 1997 (Boa)
* Erecsiones munisipales - 1999 (Boa)
* All Right Chicago - 2000 (Boa)
* Cansiones Recautuchadas ou Recambios Tucho - 2000 (produtor jecutante doctor suave)
* Chicarrón - 2004 (Boa, 2004)

Integrantes

1ª formación (1994-1999)

* Voz: Francisco Javier Vázquez Maneiro Jarfuxo, O Fillo da necha
* Guitarra e voz (tumbabrajas solista): Antonio Novo Suárez Tuchiño
* Guitarra e voz (sachadora rítmica): Antonio Ageitos Ares Tonhito de Poi
* Baixo: Francisco Javier Velo Cambeiro O Jran Fran Velo
* Batería: José Manuel Santamaría Medín

2ª formación (2000-2003)

* Voz: O Fillo da necha
* Tumbabrajas solista: Tuchiño
* Sachadora rítmica: Tonhito de Poi
* Baixo: O Jran Fran Velo
* Batería: Marcos Otero

3ª formación (2004-2005)

* Voz: O Fillo da necha
* Tumbabrajas solista: Tuchiño
* Sachadora rítmica: Tonhito de Poi
* Baixo: O Jran Fran Velo
* Batería: Pedro Rodríguez Trelles

Fuente: Nürya a través de Musica.com

Imprimir Biografía

Compartir esta página en...