LETRA
Dun Tempo Para Sempre
Vese voar
Unha moura soidade
Que vai xurdindo
Baixo o solpor;
Sombras que doan
Seu alento
E transforman o ar
Nun incerto mencer;
Voces que son
As pegadas dun tempo,
Eco de doces
Acordes de alalás.
Cando atoparemos
Druidas envoltos
Nos fumes das lubres
No bosque de emaín;
E o val enfeitizado
Polas sombras que ainda emerxen
Da última noite,
Noite de luar.
Soños galopando
Xa rachan co silencio
E o vento asubía
Acordes de alalás.
Puntuar 'Dun Tempo Para Sempre'
¿Qué te parece esta canción?
Imprimir letra
* Letra añadida por pegaso18
+ Luar Na Lubre
Comentar Letra
Comenta o pregunta lo que desees sobre Luar Na Lubre o 'Dun Tempo Para Sempre'
Comentarios (12)