Sabela Ramil

Nai Letra

Sabela Ramil

LETRA

Nai (Letra/Lyrics)

Montes usurpados
sustentos desprotexidos
labranzas esquecidas
loitas desestimadas

paraísos con dono,
pedras que berran
autoras sen alento, pra seguir

rúas molladas, de choiva que alerta
os mares tinguidos, preguntan, por que?

mais con iso, nosa nai ama
mais con iso, nosa nai ama

nai de mares, e de amares
nai de lumes, e aloumiños
nai de todas
nai de naide
nai que medra
nai esperta

terras que acollen, sonrisos e dores
matriarcas, airiños, feridas e albores
senlleiro poder, de non naufragar
forza, mareira que arrastra o mar

rúas molladas de choiva que arroupa
cantos que avivan o noso querer

e con iso, nosa nai ama
e con iso, nosa nai ama

nai de mares, e de amares
nai de lumes, e aloumiños
nai de todas
nai de naide
nai que medra
nai esperta

nai coidada
nai que vive
nai de alento
nai refuxio

Datos de esta canción

NAI es una canción de Sabela Ramil. Agradecemos a agustinalyrics por haber sudido la letra de Nai.