Mascota de musica.com

Politica de Asfalto

Dios Ke Te Crew

Al final de la letra de Politica de Asfalto podrás comentar sobre ella y acceder a más canciones de Dios Ke Te Crew.

LETRA

Politica de Asfalto

-Grupo/Banda: Dios Ke Te Crew
-Cancion: Politica de asfalto
-Sae no disco: Xénese
-Composta por: Dios Ke Te Crew

-Letra:
-Churras, churras; vide, vide, churras, churras, chuurras
[...]
-Ei veñen. Ei veñen Maria. ¿Velos?. Outra vez, outra vez. ¡Madre que os pariu!
-¡Deixao estar oh!
-Madre que os fixo, se quedaran na casa, xa estan enganando a xente outra vez...
-É o seu
-... mentindolles...
-Xa sabes que é o seu
-...mentendolles o que non é, ¡O QUE NON É!
-Pois claro que non é. ¡Non é!
-Mentireiros de merda.
-Son unhes mentireiros, E DE NACEMENTO

Cantas veces eu pedin o concello aquela farola
e ainda non houbo maneira, ainda hoxe non foi hora
ainda hoxe pola pista pasa medo a miña nora
ainda hoxe chego coas botas cheas de lama a porta

E non me importa o que poidan dicir eles
que vaian apañar chapapote, que ensinen os papeles
que me veñan co conto outra vez nas eleccións
nunca mais, NUNCA MAIS
eses cabróns entrarán na miña terra na busca de votacións

Politica de asfalto, sufraxio universal
compras o meu voto, vesme a casa buscar
Politica de asfalto, sufraxio universal
chegan as eleccións vamos en bus a votar [bis]

Asfaltame a eira a cambio do meu voto
comprame con axudas que xa me pertencian
fai un trato conmigo, di que eres o meu amigo
prometeme esa subención que nunca verá o meu ombligo

Dame a man e dame unha aperta, forte
que che vaia ben, Roque, e que teñas sorte
xa nos veremos dentro de dous anos nas municipais
ou nas nazionais

Politica de asfalto, sufraxio universal
compras o meu voto, vesme a casa buscar
Politica de asfalto, sufraxio universal
chegan as eleccións vamos en bus a votar [bis]

Excursión do IMSERSO en campaña electoral
sacas os vellos da casa e levalos a votar
para o carro ¡frena un pouco! que a tua politica cheira moito
apestas a cacique ¿jodeche que che replique?
pois espera a que me pique, aplique o estoque da miña psique

Emborrona o teu enfoque
enfocame co foco mentres me quito un moco
e o pego na foto do teu retrato
sentado todo pancho no sillon do teu despacho
mira que te coidas, e nunhas cadeiras, e nunhas madeiras
e nunhas EXCUSAS pp petroleiras
chuparas, chuparas e chuparas do teto
ata que che rompa o peto
pero recorda que a avaricia rompe o saco
e tamén podes quedarte seco en Alcalá Meco
ou en Teixeiro
Lider das finanzas, xa me gustaria verte pagando fianzas
e que saise mais tarde nas noticias, xa o estou vendo:
"-Respetable alcalde do povo principal implicado nun delito de roubo e soborno"
erache mellor que fixeras unha peli porno
ou que tuberas un desliz coa tua becaria no servicio do Gerardo
incluso, que sairas por televisión liando e fumandote un bo petardo

¡un petardazo ai na televisión alcalde!

Politica de asfalto, sufraxio universal
compras o meu voto, vesme a casa buscar
Politica de asfalto, sufraxio universal
chegan as eleccións vamos en bus a votar [bis]

Más abajo podrás valorar y comentar la canción Politica de Asfalto.
disquito - musica.com

Puntuar 'Politica de Asfalto'

¿Qué te parece esta canción?

-
0 votos

* Gracias a Pipe555 por haber añadido esta letra el 31/3/2010.

Comentar Letra

Comenta o pregunta lo que desees sobre Dios Ke Te Crew o 'Politica de Asfalto'

Comentarios (1)

Compartir esta letra en...