Mascota de musica.com

Bos e Xenerosos

Keltoi

Al final de la letra 'Bos e Xenerosos' podrás comentar sobre ella y acceder a más canciones de Keltoi.

Ver vídeo con letra

LETRA

Bos e Xenerosos

Os séculos de sumisión, nunca os esquezades
mouros infernos sen final, longa noite de pedra
lembrade a súa imposición, lembrade as aldraxes
sermos lacallos dos seus reis, das súas maxestades
sen dubidar, a quen mataban ou non
trouxeron as súas leis, medrou o odio
Nos paseios do '36, sangue nos camiños
corpos labregos caían bai - xo as balas do feixismo
Houbo quen non se axeonllou, quen non foi sumiso
e dende o monte respostou, eran os fuxidos
Nas súas mans,o orgullo dunha nazón
en forma de fusil ANTIFEIXISTA

Bos e xenerosos, lei de Breogán
O futuro é voso, dos vosos irmáns
Bos e xenerosos, lei de Breogán
En contra da inxustiza, ceibade Galiza, saíde loitar

Outono do '72, nosos sacrificios
revoltas, en Vigo e Ferrol, mortos e feridos.
Houbo quen non se axeonllou, ao ser despedido
e dende a rúa respostou, ó estado de sitio.
O seu loitar, o exemplo que sementou
o orgullo de sermos nós, a clase obreira

Bos e xenerosos, lei de Breogán
O futuro é voso, dos vosos irmáns
Bos e xenerosos, lei de Breogán
En contra da inxustiza, ceibade Galiza, saíde loitar (x3)

*Xa poden os leiros dar, colleitas ben abondosas; poden en Madrid falar, con palabras ben fermosas, que nunca, nunca nos han pagar a nosa fame de outrora*

Vídeo con letra

Puntuar 'Bos e Xenerosos'

¿Qué te parece esta canción?

-
0 votos

* Gracias a Cancións en galego por haber añadido esta letra el 29/12/2012.

Comentar Letra

Comenta o pregunta lo que desees sobre Keltoi o 'Bos e Xenerosos'

Comentarios (1)

Compartir esta letra en...