Eu (non) son, pero... de Poetarras

Eu (non) son, pero...

Poetarras

Al final de la letra 'Eu (non) son, pero...' podrás comentar sobre ella y acceder a más canciones de Poetarras.

LETRA

Eu (non) son, pero...

Chuchuru chu, chuchuru chu x3

Eu non racista,
(pero)
cando escoito "negro" digo "non insultes, non é negro, que é moreno"

Eu non son clasista,
(pero)
é normal que o salario dun obreiro sexa moito máis pequeno

Eu non son machista,
(pero)
esa tipa é unha p*** porque non fai co seu corpo o que eu quero

Eu non son fascista,
(pero...)

Ante la invasión de extranjeros, los españoles primero

Eu non son (non son)
non son (non son)
non son (non son)
non son (pero...)
x2

Eu son pacifista,
(pero)
non che digo de matalos pero darlles unhas hostias polo menos

Eu son galeguista,
(pero)
utilizo o castelán para falar coa miña dona e cos meus nenos

Eu son socialista,
(pero)
socialista dos que cren que socialismo é o que facía Zapatero

Eu son altruista,
pero...

Unha cousa é ser solidario, e outra ser solidario a cambio de cero.

Eu, eu son, (eu son)
eu son (eu son)
eu son (eu son)
eu son (pero...)
x2

Eu non son narcisista,
pero
interésame moito máis aquilo que escribo, que aquilo que leo

Eu non son imperialista,
pero
que haxa un país no cu do mundo que non teña
as nosas tradicións paréceme que está moi feo

Eu son ecoloxista,
pero
haberá que deforestar algunha selva e abrir buracos novos no ceo.

Eu son un artista,
pero
o que fago non se entende se non les
a explicación que hai debaixo da obra no museo

Eu non son (non son)
non son (non son)
non son (non son)
non son (pero...)

Eu, eu son, (eu son)
eu son (eu son)
eu son (eu son)
eu son (pero...)

Eu non son (non son)
non son (non son)
non son (non son)
de Porto do Son.

Yes, of course
(Of course)

Of course
(Of course)

Of course...
(But maybe.....)

Más abajo encontrarás canciones relacionadas con Eu (non) son, pero....
disquito - musica.com

Puntuar 'Eu (non) son, pero...'

¿Qué te parece esta canción?

-
0 votos

* Gracias a DeliaGrimmjow por haber añadido esta letra el 7/5/2017.

Comentar Letra

Comenta o pregunta lo que desees sobre Poetarras o 'Eu (non) son, pero...'

Comentarios (1)

Compartir esta letra en...