AS DE LAÍÑO letra CANTIGAS POPULARES GALEGAS

As De Laíño Letra y Canción

Cantigas Populares Galegas

Añadir a Favoritas

Guardar en Playlist

AS DE LAÍÑO es una canción de Cantigas Populares Galegas.

LETRA

'As De Laíño'

Elas eran de Laíño,
elas de Laíño son, BIS
collen o xunco na Braña,
van vendelo a Padrón, BIS

aihelelo, aihelelo, aihelelo, aihelalo.

Como chove miudiño,
como miudiño chove, BIS
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove, BIS

aihelelo, aihelelo, aihelelo, aihelalo.

Pasei pola túa porta,
pedín auga e non ma deches, BIS
vállame Deus, queridiña,
que soberba te fixeches, BIS

aihelelo, aihelelo, aihelelo, aihelalo.

Sempre estás voume que voume,
xa te pudeches ter ido, BIS
se te foras hai un ano
xa me tiñas esquecido, BIS

aihelelo, aihelelo, aihelelo, aihelalo.

Se chove deixa chover,
se orballa deixa orballar BIS
que eu ben sei dun abriguiño
onde me hei de ir abrigar. BIS

aihelelo, aihelelo, aihelelo, aihelalo.

Apoyar a Cantigas Populares Galegas

  • Cantigas Populares Galegas no está entre los 500 artistas más apoyados y visitados de esta semana.

    ¿Apoyar a Cantigas Populares Galegas?

    Ranking SemanalMedallero