O Sancristán De Coimbra de Cantigas Populares Galegas

O Sancristán De Coimbra

Cantigas Populares Galegas

Al final de la letra 'O Sancristán De Coimbra' podrás comentar sobre ella y acceder a más canciones de Cantigas Populares Galegas.

LETRA

O Sancristán De Coimbra

O Sancristán de Coímbra
facía de mil diabluras: BIS
mollaba o pan en aceite,
deixaba os santos a escuras BIS

E bate fado e bate ben,
ti ére-la causa do meu desdén BIS

O mar tamén ten amores,
o mar tamén ten muller. BIS
Está casado coa area,
Dálle bicos cantos quer. BIS

E bate fado e bate ben,
ti ére-la causa do meu desdén BIS

Eu quixera ser merliño
e te-lo bico encarnado BIS
para face-lo meu niño
no teu cabelo dourado. BIS

Tirei unha laranxiña
no medio de Portugal BIS
a quen lle foi a batere?
á filla dun xeneral BIS

Miña nai xa non me deixa
levar o leite a Coimbra BIS
porque dicen os rapaces:
ai, que leiteira máis linda! BIS

E bate fado e bate ben,
ti ére-la causa do meu desdén BIS

Puntuar 'O Sancristán De Coimbra'

¿Qué te parece esta canción?

4,11
27 votos

* Gracias a lirycker por haber añadido esta letra el 28/8/2017.

Comentar Letra

Comenta o pregunta lo que desees sobre Cantigas Populares Galegas o 'O Sancristán De Coimbra'

Comentar

Compartir esta letra en...