Carballeira De San Xusto de Cantigas Populares Galegas

Carballeira De San Xusto

Cantigas Populares Galegas

Al final de la letra 'Carballeira De San Xusto' podrás comentar sobre ella y acceder a más canciones de Cantigas Populares Galegas.

LETRA

Carballeira De San Xusto

Carballeira de San Xusto,
Carballeira derramada (enramada),
naquela carballeiriña,
perdín a miña navalla.

Perdín a miña navalla,
máis valera non perdela,
fíxenme de alí veciño
e casei con Rafaela.

Carballeira de Tenorio,
heina de mandar cortare
cando vou pra Pontevedra,
non deixa ve-lo mare.

Unha nena me pediu
Zapatos de chocolate,
cunhas fibelas de azucre;
Mire usté que disparate!

Aldeíña de Baldaio,
aldea de poucos homes,
e aqueles poucos que quedan
chámanlles remendafoles.

Se soubera que ti viñas,
como de certo viñeches,
mandaba alfombra-la rúa
cun ramiño de alcipreste.

Puntuar 'Carballeira De San Xusto'

¿Qué te parece esta canción?

1,00
1 voto

* Gracias a lirycker por haber añadido esta letra el 28/8/2017.

Comentar Letra

Comenta o pregunta lo que desees sobre Cantigas Populares Galegas o 'Carballeira De San Xusto'

Comentar

Compartir esta letra en...