Miña Nai, Miña Naiciña de Cantigas Populares Galegas

Miña Nai, Miña Naiciña

Cantigas Populares Galegas

Al final de la letra 'Miña Nai, Miña Naiciña' podrás comentar sobre ella y acceder a más canciones de Cantigas Populares Galegas.

LETRA

Miña Nai, Miña Naiciña

Miña nai, miña naiciña, (2 veces)
como a miña non hai ningunha,
que me quentou a cariña (2 veces)
co calorciño da súa.

Tamén eu choro, tamén eu choro
cando non me alumean, meu ben,
eses teus ollos.

Tamén eu choro, tamén eu choro,
cando non me alumean meu ben,
eses teus ollos.

Miña nai como é tan pobre
cando non ten que me dar
éncheme a cara de bicos
e despois rompe a chorar.

Tamén eu choro, tamén eu choro
cando non me alumean, meu ben,
eses teus ollos.

Tamén eu choro, tamén eu choro,
cando non me alumean meu ben,
eses teus ollos.

Miña nai, miña naiciña,
miña nai do corazón,
moitas nais hai polo mundo,
pero coma a miña non.

Tamén eu choro, tamén eu choro
cando non me alumean, meu ben,
eses teus ollos.

Tamén eu choro, tamén eu choro,
cando non me alumean meu ben,
eses teus ollos.

Más abajo podrás valorar y comentar la canción Miña Nai, Miña Naiciña.
disquito - musica.com

Puntuar 'Miña Nai, Miña Naiciña'

¿Qué te parece esta canción?

4,00
5 votos

* Gracias a lirycker por haber añadido esta letra el 28/8/2017.

Comentar Letra

Comenta o pregunta lo que desees sobre Cantigas Populares Galegas o 'Miña Nai, Miña Naiciña'

Comentar

Compartir esta letra en...