O Piollo E A Pulga Querían Casar de Cantigas Populares Galegas

O Piollo E A Pulga Querían Casar

Cantigas Populares Galegas

Al final de la letra 'O Piollo E A Pulga Querían Casar' podrás comentar sobre ella y acceder a más canciones de Cantigas Populares Galegas.

LETRA

O Piollo E A Pulga Querían Casar

O piollo e a pulga
querían casar;
non tiñan panciño
para escomezar.

Saíu a formiga
da súa graneira;
mandade recado
que eu son panadeira.

Ai, miña vidiña,
panciño xa temos
mais falta o viño,
onde o buscaremos?

Saíu o mosquito
do seu mosquiteiro;
o viño non falta
que eu son arrieiro.

Ai, miña vidiña,
viñiño xa temos
mais falta o mantel,
onde o buscaremos?

Saíu o mosquito
do seu mosquiteiro;
o viño non falta
que eu son arrieiro.

Ai, miña vidiña,
viñiño xa temos
mais falta o mantel,
onde o buscaremos?

Saíu unha araña
da súa arañeira;
mantel non vos falta
que eu son tecedeira.

Ai, miña vidiña,
mantel xa che temos
mais falta o gaiteiro,
onde o buscaremos?

E o grilo cantou
porque é moi grileiro;
gaitiña non falta
que eu son o gaiteiro.

Ai, miña vidiña,
gaiteiro xa temos
mais falta a madriña,
onde a buscaremos?

Saíu a ranciña
da súa pociña;
mandade recado
que eu vou de madriña.

Ai, miña vidiña,
madriña xa temos
mais falta o padriño,
onde o buscaremos?

Saíu o ratiño
do seu buratiño;
mandade recado
que eu vou de padriño.

Mais cando a voda
se puña en camiño
veu o señor gato
e comeu o padriño.

Más abajo podrás valorar y comentar la canción O Piollo E A Pulga Querían Casar.
disquito - musica.com

Puntuar 'O Piollo E A Pulga Querían Casar'

¿Qué te parece esta canción?

-
0 votos

* Gracias a lirycker por haber añadido esta letra el 28/8/2017.

Comentar Letra

Comenta o pregunta lo que desees sobre Cantigas Populares Galegas o 'O Piollo E A Pulga Querían Casar'

Comentar

Compartir esta letra en...