Se Queres A Boa Moza de Cantigas Populares Galegas

Se Queres A Boa Moza

Cantigas Populares Galegas

Al final de la letra de Se Queres A Boa Moza podrás comentar sobre ella y acceder a más canciones de Cantigas Populares Galegas.

LETRA

Se Queres A Boa Moza

Se queres a boa moza
non vaias á romaría,
vaina buscar á súa casa
con roupa de cada día.

Aí che vai, Maruxiña, aí che vai,
aí che vai , aí che vai, Maruxiña!
no curral de teu pai,
no curral de teu pai
encirráronme o can,
e saíu a miña sogra
cunha tranca na man,
cunha tranca na man
e un zapato no pé,
ela quéreme mal
e eu ben sei por que é!

Se queres a boa moza
non vaias por ela á feira,
vaina buscar á súa casa
o día da sementeira.

Aí che vai, Maruxiña, aí che vai,
aí che vai , aí che vai, Maruxiña!
no curral de teu pai,
no curral de teu pai
encirráronme o can,
e saíu a miña sogra
cunha tranca na man,
cunha tranca na man
e un zapato no pé,
ela quéreme mal
e eu ben sei por que é!

Se chove deixa chover,
se orballa deixa orballar,
eu ben sei dun abriguiño
onde me hai de ir abrigar

Aí che vai, Maruxiña!
O caravel cando nace
de pequeniño recende,
non hai cousa máis humilde
có amor cando pretende

Más abajo podrás valorar y comentar la canción Se Queres A Boa Moza.
disquito - musica.com

Puntuar 'Se Queres A Boa Moza'

¿Qué te parece esta canción?

-
0 votos

* Gracias a lirycker por haber añadido esta letra el 28/8/2017.

Comentar Letra

Comenta o pregunta lo que desees sobre Cantigas Populares Galegas o 'Se Queres A Boa Moza'

Comentar

Compartir esta letra en...