Toleaches Pola Peneira // A Volta Da Festa de Cantigas Populares Galegas

Toleaches Pola Peneira // A Volta Da Festa

Cantigas Populares Galegas

Al final de la letra 'Toleaches Pola Peneira // A Volta Da Festa' podrás comentar sobre ella y acceder a más canciones de Cantigas Populares Galegas.

LETRA

Toleaches Pola Peneira // A Volta Da Festa

Vente vindo BIS
que eu tamén me vou andando,
fixen a cama na folla,
o vento vaima levando BIS
ailalelo, ailalalo.

Toleaches pola peneira,
toleaches por peneirar,
toleaches por ter amores,
toleaches por te casar.

O paxaro cando chove BIS
mete o rabo na silveira,
así fan as boas mozas
cando non hai quen as queira BIS
ailalelo, ailalalo.

Toleaches pola peneira,
toleaches por peneirar,
toleaches por ter amores,
toleaches por te casar.

Ó muíño do meu pai eu ben lle sei o tempero
cando está alto baixalo cando está baixo erguelo.

Rabiaches pola peneira, rabiaches por peneirar,
rabiaches por ter amores, rabiaches por te casar.

Unha nena nunha fonte por unha verza bebía,
a verza estaba rachada toda a auga lle vertía.

Rabiaches pola peneira, rabiaches por peneirar,
rabiaches por ter amores, rabiaches por te casar.

Maruxiña, Maruxiña xa vai boa que te espero;
cando queiras enfornar tamén ha de ser se eu quero.

Toleaches pola peneira, toleaches por peneirar,
toleaches por ter amores, toleaches por te casar.

Miña cuñadiña nova meu irmán éche pequeno,
se queres que medre logo, levaraslle o almorzo cedo.

Toleaches pola peneira, toleaches por peneirar,
toleaches por ter amores, toleaches por te casar.

Mala feira fixo Rosa por facer non fixo nada,
de solteira roupa nova de casada remendada.

Toleaches pola peneira, toleaches por peneirar,
toleaches por ter amores, toleaches por te casar.

Do queixo non che me queixo, que o queixo ben che me sabe
quéixome de quen mo vende,
que non che mo dá de balde.

Toleaches pola peneira, toleaches por peneirar,
toleaches por ter amores, toleaches por te casar.

Puntuar 'Toleaches Pola Peneira // A Volta Da Festa'

¿Qué te parece esta canción?

-
0 votos

* Gracias a lirycker por haber añadido esta letra el 28/8/2017.

Comentar Letra

Comenta o pregunta lo que desees sobre Cantigas Populares Galegas o 'Toleaches Pola Peneira // A Volta Da Festa'

Comentar

Compartir esta letra en...