Unha Noite Na Eira Do Trigo de Cantigas Populares Galegas

Unha Noite Na Eira Do Trigo

Cantigas Populares Galegas

Al final de la letra 'Unha Noite Na Eira Do Trigo' podrás comentar sobre ella y acceder a más canciones de Cantigas Populares Galegas.

LETRA

Unha Noite Na Eira Do Trigo

Unha noite na eira do trigo
ó refrexo do branco luar
unha nena choraba sin trégolas
os desdés dun ingrato galán.

I a coitada entre queixas decia,
"xa no mundo non teño ninguén,
vou morrer e non ven os meus ollos
os olliños do meu doce ben".

Os seus ecos de malenconía
camiñaban nas alas do vento
i o lamento repetía:
"vou morrer e non vén o meu ben!".

Lonxe dela, de pé sobre a popa
dun aleve negreiro vapor
emigrado, camiño de America
vai o pobre, infelís amador.

I ó mirar ás xentís anduriñas
cara á terra que deixa cruzar:
" quen pudera dar volta - pensaba-,
quen pudera convosco voar!".

Mais a aves i o buque fuxían
sin ouír seus amargos lamentos;
solo os ventos repetían:,
"quen pudera convosco voar!"

Noites craras de aromas e lúa
desde entón que tristeza en vós hai
prós que viron chorar unha nena
prós que viron un barco marchar!

Dun amor celestial verdadeiro
quedou solo de bágoas a proba
unha cova nun outeiro
i on cadavre no fondo do mar.

Más abajo encontrarás canciones relacionadas con Unha Noite Na Eira Do Trigo.
disquito - musica.com

Puntuar 'Unha Noite Na Eira Do Trigo'

¿Qué te parece esta canción?

4,50
8 votos

* Gracias a lirycker por haber añadido esta letra el 28/8/2017.

Comentar Letra

Comenta o pregunta lo que desees sobre Cantigas Populares Galegas o 'Unha Noite Na Eira Do Trigo'

Comentar

Compartir esta letra en...