Al final de la letra 'Cedeira' podrás comentar sobre ella y acceder a más canciones de Guadi Galego.

Ver vídeo con letra

LETRA

Cedeira

Os egos da revolución visten roupa cinguida,
escalas en modo maior copan todos os shows.
Describen un mundo invisible
partido por catro,
prometen que os demos e os anxos
son da mesma cor.
Aquí o reduto é diverso, non hai etiquetas;
se cadra, diría Pedreira, o da xubilación.
Poder deitarse e deixar que a vida te agache,
e nós en silencio escoitando este o noso son.
Imos tan xuntiñas pola beira da canción,
prenden candeas, rompen as ondas.
Imos devagar paseando en plural,
calma e serena que medre a area e o mar.
O norte equipara a beleza coa melancolía
o norte é poema en si mesmo,
é perfume e canción.
Que poidas cantar ou lembrar esta suave habaneira,
na praia de Rinlo, en Cuba,

ou mesmo en Cedeira.
Deixarse levar pola luz que desmonta as ideas,
tratar polo miúdo as cadeas,
pensar que ser libre é ser máis.
Vivir asubiando a modiño a nosa habaneira,
deixarse levar pola luz que desmonta as ideas,
que poidas cantar ou lembrar esta suave habaneira
na praia de Rinlo, en Cuba,
ou mesmo en Cedeira.
Deixarse levar pola luz que desmonta as ideas,
tratar polo miúdo as cadeas,
pensar que ser libre é ser máis.
Vivir asubiando a modiño a nosa habaneira,
deixarse levar pola luz que desmonta as ideas,
que poidas cantar ou lembrar esta suave habaneira
Vivir asubiando a modiño a nosa habaneira,
Vivir asubiando a modiño a nosa habaneira...
Traducir al español

Vídeo con letra

Puntuar 'Cedeira'

¿Qué te parece esta canción?

3,22
9 votos

* Gracias a Hawli por haber añadido esta letra el 31/10/2019.

Comentar Letra

Comenta o pregunta lo que desees sobre Guadi Galego o 'Cedeira'

Comentarios (1)

Compartir esta letra en...