A Manoela (A Roda) - Cantigas Populares Galegas

A Manoela (A Roda)

Cantigas Populares Galegas

Letra

LETRA

'A Manoela (A Roda)'

A Manoela (A Roda)

A Manuela ten a culpa
de que se quede sen forzas,
de día a cavar no monte,
de noite a fregar na louza,
as cousas que hai que facer
por mante-lo matrimonio,
a Manuela dille sempre:
non fales de máis, Gregorio;

É manda carallo, que aguante ten,
de día e de noite a face-lo ben,
se non ti xa sabes o que lle ten
que face-la Manuela.
E manda carallo que aguante tes,
comendo co porco e coa muller,
xa sabes Gregorio o que lle tes
que facer a Manuela.

Cando lle visita a Pepa,
a filla da fariñeira,
marchan sempre pró pallar
e bota a man á perneira,
pero a Manuela xa sabe
que a filla da fariñeira
é coxa e lle falta un dente
e con eso vai calqueira

E manda carallo, que aguante ten,
de día e de noite a face-lo ben,
se non ti xa sabes o que lle ten
que face-la Manuela.
E manda carallo que aguante tes,
comendo co porco e coa muller,
xa sabes Gregorio o que lle tes
que facer a Manuela.
(Continúa na pax. seguinte)
Cando se casou con ela,
tiña unha casa e dous porcos,
ela tiña moitos cartos,
tamén un can que era chosco,
señor cura, por favor,
os ten que divorciar,
non creo que aguante moito
pois o quere escarallar,

E manda carallo, que aguante ten,
de día e de noite a face-lo ben,
se non ti xa sabes o que lle ten
que face-la Manuela.
E manda carallo que aguante tes,
comendo co porco e coa muller,
xa sabes Gregorio o que lle tes
que facer a Manuela.

Apoyar a Cantigas Populares Galegas

  • Cantigas Populares Galegas no está entre los 500 artistas más apoyados y visitados de esta semana.

    ¿Apoyar a Cantigas Populares Galegas?

    Ranking SemanalMedallero