Himno A Galicia (Los Tamara) de Cantigas Populares Galegas

Himno A Galicia (Los Tamara)

Cantigas Populares Galegas

Al final de la letra 'Himno A Galicia (Los Tamara)' podrás comentar sobre ella y acceder a más canciones de Cantigas Populares Galegas.

LETRA

Himno A Galicia (Los Tamara)

Himno A Galicia (Los Tamara)

¡Ai! esperta adourada Galicia
dese sono en que estas merguzada,
do teu ríco porvir alborada
polo ceo enxergándose vai.

Xa cantando os teus fillos te chaman
e cos brazos, en cruz se espreguizan
malpocados o que eles cobizan
e un bico dos labios da nai.

Dése chan venturosa arrincado
pola man do meu negro destino
hasta mesmo soñando maxino
eses campos risoños cruzar.

E correr por as hortas e prados
onde leda pasou miña infancia
respirando a suave fragrancia
do xazmin, caravel, azahar.

Coido ver mirar esas rías serenas
escumando con barcos veleiros
e cantares oír feiticeiros
que en ningures tan doces oin.

Aínda creo sertir as labercas
que pineiran nos aires cantando
cando o sol vai as nubes pintando
de amarelo, de lume e carmín.

Eu soñei ver na cuma do pindo
adornados de mirto e loureiros
escritores, poetas guerreiros,
que sorrindo se daban a man.


(Continúa na pax. seguinte)
Eran eses o fillos máis caros,
que da patria aumentaron a gloria,
os seus nomes nos fastos da historia,
con diamantes grabados serán

Acordei adourada Galicia
e dos ollos chovianme as bágoas
quen puidera beber nas túas augas
e os teus aires feliz respirar.

De ti lonxe querido curruncho
eu morrendo estou de amargura
como a froita que vai xa madura
entre as silvas o vento guindou.

Teño envidia da libre anduriña
que ai chega por todos los maios
teño envidia das nubes e raios
o sureste a esa terra levou.

Polo diversos países que eu vaia
ti serás miña dolce memoria
mesmo entrar non quixera na gloria
sin primeiro pasar por ahí.

Sin primeiro pasar por aí .(Bis)

Puntuar 'Himno A Galicia (Los Tamara)'

¿Qué te parece esta canción?

5,00
3 votos

* Gracias a JoséToni LópeCaba por haber añadido esta letra el 18/2/2021.

Comentar Letra

Comenta o pregunta lo que desees sobre Cantigas Populares Galegas o 'Himno A Galicia (Los Tamara)'

Comentar

Compartir esta letra en...