Sés

Rolling Stone

Sés

LETRA

Rolling Stone Letra

Non gasta corbata nin na misa
non quere ser servo nin señor
quen lle berre mátao coa risa
sabe convivir coa decepción.

Anda polo mundo co sorriso
do que sabe que o que quere ten.
Nin delegacións nin compromisos,
o que hai que vivir que sexa ben.

Non pensa en medallas, non,
pasa de condecoracións.
Non aspira a ídolo,
nin bebe das admiracións.
Non quere trofeos, non,
pasa de levar a razón.
Odia as multitudes,
non quere ser un Rolling Stone.

Sen pensar en prazos nin futuros
coida o que valora do que ten.
Sabe ser feliz en tempos duros
e nos brandos, mellor que ninguén.

Arreda dos que viven marcando
centos de obxectivos que cumprir.
El non corre, fai camiño andando,
o que sexa para un, ha de vir.

Datos de esta canción

ROLLING STONE es una canción de Sés. Agradecemos a marcoos44 por haber sudido la letra de Rolling Stone.