SE CADRA

Se cadra non falei,
se cadra estaba triste,
se cadra é que mentín
ou ti te confundiches.

Non asina quen son
todo o que aseguraba,
voltei a non saber,
outra vez non sei nada.

E cando pola fiestra os meus ollos miran
e no medio do monte se ven perdidos,
canto polos que choran as despedidas
e choro polos que viven arrepentidos.

E agora que aprendín que todo se paga,
que non comulga coa inocencia esta vida,
choro polos que viven arrepentidos
e canto polos que choran as despedidas

Esquecín se a razón
fixo acto de presenza,
máis hoxe hai un porqué
onde houbo indiferenza.

Medo de non saber
como dicer verdades,
como chegar a ser
un pasado agradábel.
fuente: musica.com

Sés

Ficha de la Canción

Título:
SE CADRA

Grupo/Cantante:
SÉS

Letra añadida por:
marcoos44

Top Letras de Sés

1. Letra de Non son fada
2. Letra de Tempestades de sal
3. Letra de Milonga de aquí
4. Letra de Admirando a condición
5. Letra de Co xenio destrozado
6. Letra de Concordias de papel
7. Letra de Unha sombra de min
Ver todas las letras de Sés