Non se me ocorre de Sés

Non se me ocorre

Sés

Al final de la letra de Non se me ocorre podrás comentar sobre ella y acceder a más canciones de Sés.

LETRA

Non se me ocorre

Canta verdade pode conter unha resposta
que se dá sen pensar?
Cantos reloxos poden medir o tempo que
non che souben adicar?
E sen pedir por escenas de amor nen pasear
por mundos de regaliz
Canto imaxino morrer con alguén...
Non se me ocorre outro que non sexas ti

Cantas palabras hei de cuspir para vomitarte
e aliviar este ardor?
Cantos abrigos, canto vapor, para suar a febre sen inxeccións?
E sen lisérxicos que sirvan de tren, nin
psicotrópicos de hippie feliz
Cando imaxino voar con alguén...
Non se me ocorre outro que non sexas ti.

E suspiro e lembro aqueles días
En que o universo limitaba con nós
En que despegaba se tí te rías
En que velaba sempre a túa voz.

Cantas materias hei de cursar para
aprender a esquecer o que vivín?
Cantas caídas, cantas lesións, que leven
todo fotograma de aquí?
E sen vivir nun bolero nin ser
a diva histriónica que clama a súa fin
Cando abandono o chan por alguén...
A inspiración do drama...sempre es ti.

E dúrmome e lembro aqueles días
En que a fronteira a debuxaba un colchón
En que un pixama era a túa pel contra a miña
En que todo o que sumaba daba dous.

Más abajo encontrarás canciones relacionadas con Non se me ocorre.
disquito - musica.com

Puntuar 'Non se me ocorre'

¿Qué te parece esta canción?

5,00
1 voto

* Gracias a marcoos44 por haber añadido esta letra el 16/9/2013.

Comentar Letra

Comenta o pregunta lo que desees sobre Ses o 'Non se me ocorre'

Comentarios (1)

Compartir esta letra en...